Primeira reunión da comisión técnica Xunta-Fegamp para a reforma da Lei do Solo de Galicia
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entregou o documento do texto reformado da Lei aos representantes da Fegamp. O representante do Goberno solicitou colaboración e traballo efectivo por parte de todos os implicados para pechar un texto consensuado.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presidiu a primeira reunión da Comisión Técnica Xunta- Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) para abordar a reforma da Lei do Solo, que o Goberno galego levará a cabo.
Nesta reunión tamén participou a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, e por parte da Fegamp asistiron o secretario xeral da federación, Eduardo Ramonde; o director xeral da Fegamp, José Manuel Chapela Seijo; e o asesor xurídico, Carlos Hernández López, entre outros.
Durante o encontro, o titular de Medio Ambiente entregou o documento do texto reformado da Lei. Analizouse polo miúdo cada unha das modificacións que a actual Xunta pretende levar a cabo neste texto legal.
Asemade, ambas entidades acordaron establecer un calendario para que ao longo deste mes de xullo e na primeira semana do seguinte mes se estableza unha liña de colaboración, que pivotará en intercambiar información entre a Xunta e a Fegamp. Esta fase de traballo permitirá, posteriormente, poder incluír todas as propostas e conclusións que plantexen e presenten os concellos galegos, para incluír na reforma do texto da Lei do Solo.
O representante do goberno galego manifestou que a reforma da Lei do Solo é un tema prioritario para a Consellería, polo que emprazou a todos os implicados a traballar con dilixencia e a colaborar de xeito efectivo e eficaz neste reto. Nese senso, a próxima reunión celebrarase o mércores 29 de xullo.
Notas de prensa de CONSTRUCCIÓN
A formación do ISSGA e a Fundación Laboral da Construción de Galicia colaboran para a obtención da tarxeta profesional A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e o presidente da Fundación Laboral da Construción de Galicia (FLC) veñen de asinar un convenio de colaboración en Lugo. A formación que imparta o ISSGA, tanto a traballadores como a desempregados do sector da construción, será recoñecida para a posterior obtención da Tarxeta Profesional da Construción.
Responsables de Río 2016 abren las puertas a la construcción gallega La ciudad de Río de Janeiro programa un gran número de obras, no sólo de instalaciones deportivas, sino también de infraestructuras, que les fueron detalladas a los empresarios gallegos con minuciosidad.
Primeira reunión da comisión técnica Xunta-Fegamp para a reforma da Lei do Solo de Galicia O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entregou o documento do texto reformado da Lei aos representantes da Fegamp. O representante do Goberno solicitou colaboración e traballo efectivo por parte de todos os implicados para pechar un texto consensuado.
Curso sobre construción de hórreos en Lugo Estase a celebrar no Centro de Cestería da Deputación de Lugo un curso de cestería tradicional de vimbio, impartido por Carlos Fontales, no que os participantes aprenderán a técnica que se conservou en Galicia e no norte de Portugal ata o século pasado.
Adhesión do Concello de Begonte á Axencia de protección da legalidade urbanística
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o convenio de adhesión do Concello de Begonte á Axencia de Protección da Legalidade urbanística. Este Convenio foi aprobado pola Xunta de Galicia o 21 de xaneiro pasado, e polo Pleno municipal de Begonte o 13 de marzo.
Preto de 10.000 firmas da construción, inscritas no rexistro de empresas acreditadas Todas as empresas interesadas en intervir no proceso de contratación no sector da construción deben estar inscritas neste rexistro. As entidades empresarias dispoñen de varias canles, como a web e o número de teléfono 012, para recibir información sobre esta base de datos.